Ninth Ediciones editará Las tripas de El héroe de David Rubín

Manolo López Poy e Miguel Fernández publican A las cinco de las tarde en Diábolo

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Ninth Ediciones editará Las tripas de El héroe de David Rubín

Unha edición cos debuxos a lapis de El héroe de David Rubín e mais o guión completo da obra. Esta é a proposta que fai Ninth Ediciones con Las tripas de El héroe, cuxo primeiro volume sae á venda o 21 de febreiro. Na obra, que presenta como edición de luxo, recóllese o tamaño orixinal das planchas de Rubín e preséntase a historia co rotulado manual do propio autor. O volume de 280 páxinas sairá á venda por 25 euros.

De xeito paralelo, Diábolo Ediciones anuncia para o vindeiro 31 de xaneiro o lanzamento de A las cinco de la tarde. O tándem dos lugueses Manolo López Poy ao guión e o debuxante Miguel Fernández atrévense cunha historia de tema taurino na que se percorre a historia de España a partir dos anos 30. O volume de 88 páxinas a cor edítase simultaneamente en castelán, alemán, italiano e francés e sairá á venda por 14,95 euros.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Rubín, Miguel Fernández, Guión

Claves

Conceptos