A Federación de Gremios de Editores de España acaba de facer público o seu Barómetro de Hábitos de Lectura e Compra de Libros 2019. Se ben esta análise verifica un incremento xeral do hábito lector a nivel estatal, co 68,5 % da poboación a se declarar lectora e unha suba de oito puntos desde 2010, o noso paÃs continúa a ocupar postos de cola. Ao igual que no anterior exercicio, un 59,6% da poboación galega recoñeceuse como lectora, o que sitúa a comunidade como a sexta cun menor Ãndice neste campo. Ademais, en canto á adquisición de libros só o 47,1% da mesma mercou algunha obra, o que nos sitúa como terceiros cun peor Ãndice no Estado.
No entanto, dáse un incremento na media de libros que adquiriu cada persoa que realizou esta actividade. Os 9,1 volumes adquiridos sitúan os compradores do noso paÃs como os cuartos que máis compran, ao nivel de Euskadi, e supoñen un incremento destacado fronte os 7,3 do anterior exercicio. A poboación galega é tamén a que menos valora as bibliotecas, ás que lles outorgan unha puntuación de 7,8, ao nivel de AndalucÃa.