O hábito da lectura aumenta, pero non en galego, esa é unha das conclusións agridoces que podemos tirar do Barómetro de Hábitos de Lectura e Compra de Libros en España 2022, elaborado pola Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) que ven de ser presentado. Segundo os resultados, os Ãndices de lectura no Estado aumentaron 5,7 puntos nos últimos dez anos, con especial incidencia entre as/os adolescentes. A porcentaxe de lectura habitual de libros entre a poboación, que experimentou un importante incremento en 2020, consolidouse en 2021 e medrou en 2022. AsÃ, como media española, o 64,8% das persoas enquisadas le libros no seu tempo de lecer (en Galicia a porcentaxe está algo por baixo, en 61,7%) , e esta porcentaxe increméntase ata o 66,2% se se incorporan os lectores e lectoras exclusivos de banda deseñada.
No relativo á escolla do idioma galego como lingua de lectura as porcentaxes seguen as tendencias de caÃda das que o gremio de editoriais galegas ven alertando desde fai varios anos. A lectura en castelán representa a elección preferida polo 96% da xente enquisada en Galicia, fronte a un dato de 3,4 % que prefiren ler en galego. As cifras non sufriron variacións derivadas do perÃodo pandémico nin semellan reflectir efectos positivos de campañas e polÃticas lingüÃsticas, xa que no ano 2018, cando as editoriais galegas levantaron a voz advertindo da deriva, o idioma castelán era o preferido cun 93,7%, fronte ao galego cun 4%. Esta preferencia vese tamén cando a enquisa pregunta polo último libro lido e o seu idioma. En Galicia o 92,7 % viña de ler un libro en castelán, mentres que só un 4,3 % tiña o galego como lingua máis recente de lectura. En 2018 estas cifras eran 88,9 % para o castelán, e de 7,3 % para o galego. Tanto naquel momento como agora as principais motivacións desta elección amosadas pola enquisa eran por resultar máis sinxela a lectura en castelán (43,8 %) ou por non existir en galego edición do libro elixido (34,4%).
A lectura si ten futuro
Nas cifras que o Barómetro achega de lectura válidas para o conxunto do Estado reflÃctese un retrato dunha poboación lectora nova que mantén e incrementa o hábito. Asà os menores con idades comprendidas entre 10 e os 14 anos e entre 15 e 18 rexistran as maiores porcentaxes de lectura frecuente do total da poboación. Entre adolescentes de 15 e 18 anos rexistrouse un incremento de 11,8 puntos nos últimos dez anos. A porcentaxe de mulleres lectoras no seu tempo libre é significativamente superior ao dos homes en todos os grupos de idade, diferenzas que mantiveron nos últimos dez anos. Os lectores frecuentes, aqueles que len libros polo menos unha vez á semana, mantense no 52%. Segue a haber unha importante porcentaxe (35,2%) que admite non ler nunca ou case nunca, aÃnda asà a porcentaxe reduciuse nestes dez últimos anos. O 52,8% da poboación comprou algún libro (non de texto) en 2022. A librarÃa tradicional mantense como a canle de compra habitual de libros seguida de internet (canle máis usada polas persoas de entre 25 e 34 anos) e as cadeas de librarÃas. A lectura en soporte dixital mantense estable. Un 29,5% da poboación de 14 ou máis anos le en soporte dixital polo menos unha vez ao trimestre pero descende a porcentaxe dos que pagan polos libros dixitais (39%). O 66,3%, báixaos ou descárgaos gratuitamente. O 67% dos lectores e lectoras dixitais sabe cando a descarga non é legal.