O índice de lectura medra e alcanza o 54,9 por cento

O noso país ocupa o undécimo posto entre todas as comunidades autónomas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Continúa o crecemento do índice de lectura no noso país. Segundo os datos que facía onte públicos a Federación de Gremios de Editores, Galicia conta xa cun 54,9% de poboación lectora, o que supón un 0,5 máis do que o pasado ano. Malia a se achegar deste xeito á media estatal (55%), a nosa comunidade continúa a estar entre as que menos lectura fan, xa que ocupa o undécimo posto no conxunto do Estado. En canto á nosa lingua, unicamente un 7,4% dos lectores galegos recoñece ler habitualmente na nosa lingua, que supón un 0,5% das lecturas no conxunto do estado.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Federación de Gremios de Editores, Medios de comunicación