Galicia gañou lectores no último ano

A comunidade segue a tendencia estatal, aínda que continúa por baixo da media

8/2/2013 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literatura
1 lecturas | Compartido 0 veces
A Federación de Gremios de Editores acaba de facer público Barómetro de Hábitos de Lectura y Compra de Libros de 2012. No mesmo verifícase un incremento xeral do número de lectores, que afecta ao conxunto de estado e se reflicte tamén en Galicia. Así, no noso país a porcentaxe de poboación lectora pasou do 54,7 ao 55,2% entre 2011 e 2012, aínda que continuamos por baixo da media estatal (59,1%) e moi por tras de comunidades como Madrid, que encabeza o índice cun 71,3% de habitantes que len.
Dos datos galegos, cabe resaltar que a adquisición de libros está máis concentrada do que no conxunto do estado. É dicir, os lectores mercan máis títulos por cabeza. O 39% dos galegos mercan libros, cunha media e 10,7 volumes cada un, a segunda cifra máis alta de adquisicións do estado, só por detrás de Asturias, onde cada comprador adquiriu unha media de 10,9 publicacións en 2012.

En canto á asistencia a bibliotecas tamén medrou un 0,1% o índice galego no último ano, cun 7,87% da poboación que é usuaria destes centros. Aínda que minoritaria, a porcentaxe sitúanos no quinto posto por comunidades, por riba da media estatal (7,8%).

Universo culturagalega.gal

Contextos