Galicia merca máis libros pero leos pouco

Un 60 por cento dos lectores do país compatibilizan o galego con outras linguas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Galicia é a segunda comunidade na que a xente que merca libros adquire máis volumes, só por detrás de Murcia. En total, un 41,5% dos galegos adquiriron obras en 2011, cunha media de 10,5 volumes por cabeza. Así o asegura o Barómetro de Hábitos de Lectura y Compra de Libros de 2011 que facía público onte a Federación de Gremios de Editores de España. Malia a que esta porcentaxe de compradores está moi próxima á media estatal, á hora de ler quedamos moi por detrás, cun 54,7% de poboación lectora neste período fronte a un 57,9% do conxunto do Estado.

A diferenza invírtese á hora de falarmos de libros mercados en galego, xa que o 12,1% dos libros que se mercaron no noso país en 2011 estaba na nosa lingua, o que supón un destacado incremento a respecto do 5,4% do ano anterior. En contrasete, segundo os datos deste informe nada menos que un 60,5% das persoas que leron no país optan, canda a outras linguas, por obras en galego, mentres no conxunto estatal a nosa lingua atrae, canda a outras, a un 4% dos lectores.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Federación de Gremios de Editores, Murcia, Medios de comunicación...