O Barómetro de Hábitos de Lectura e Compra de Libros en España 2021, elaborado pola Federación de Gremios de Editores de España (FGEE), constata o aumento de lectores en Galicia no 2021, seguido a liña ascendente do pasado ano. AsÃ, segundo este informe, un 61,9 por cento da poboación leu algún libro por lecer no pasado ano, un dato algo mellor que no 2020, cando era o 61,6, e máis de dous puntos por riba do de 2019, que era de 59,6 por cento. A liña é ascendente respecto a anos aÃnda anteriores pero aÃnda asà a nosa comunidade sitúase por baixo da media española, encabezada por Madrid cun 73,5 por cento, que marca unha porcentaxe estatal media do 64,4 por cento da poboación como lectores de libros. A comunidade galega está no sexto posto pola cola en canto a CCAA, unha posición algo peor que outros anos anteriores pero sen excesiva variación. A porcentaxe é moi similar á de outras comunicades monolingües como Castela e León ou Murcia. A valoración das bibliotecas en Galicia é unha das peores de España pero aÃnda asà é de notable, cun 7,7 sobre 10, sendo a media española dun 8,2.