O Conselleiro de Cultura, Roberto Varela, comparecÃa esta mañá no Parlamento para informar sobre a apertura da Cidade da Cultura e a situación do complexo. Na súa intervención Varela incidiu na vocación social deste proxecto, que, segundo el, quere ser “un complemento para a cultura de base”. O conselleiro anunciou a apertura para finais deste ano do Edificio de Servizos Centrais e mais do Museo de Galicia. Para a primavera de 2012 está prevista a inauguración neste último edificio da mostra Gallaecia Pétrea. O proxecto, “a máis ambiciosa exposición que se fixo no paÃs” segundo Varela, amosará o traballo arquitectónico e artÃstico coa pedra que se deu no noso paÃs desde a época castrexa ata a creación contemporánea.
Antes diso, unha exposición sobre cartografÃa histórica e outra sobre as orixes da banda deseñada no noso paÃs ocuparán o espazo da Biblioteca de Galicia. Canda a estas, poderá verse unha mostra coas diferentes edicións da obra de Camilo José Cela. Varela anunciou asimesmo a posta en marcha dun Departamento de Acción Cultural e mais dun Servizo de Valoración para os proxectos de dinamización do complexo. Estes equipos serán os responsables de elaborar o programa cultural para o segundo semestre deste ano, no que xa se adianta que durante o verán se habilitará o Escenario Gaiás no que se poderán ver actuacións das formacións Taller Atlántico Contemporáneo e mais da Orquestra de Música Espontánea de Galicia. Nos mesmos meses poderá verse tamén unha exposición de esculturas de Miquel Navarro. Tamén da man do Departamento de Acción Cultural se desenvolverá o Plan Gaiás 2012 -2018, que coordinará as actuacións do complexo para este perÃodo con vistas a facer deste espazo “un referente internacional”.
Na súa intervención, Varela recoñeceu tamén que se chegou a un acordo coa empresa construtora para paralizar durante 36 meses a construción do Centro de Arte e mais do Teatro. O conselleiro sinalou o seu compromiso coa construción de todo o conxunto e incidiu en que o momento no que se poidan retomar as obras dependerá da evolución da crise e mais do apoio do goberno central. Do mesmo xeito sinalou que o espazo previsto para Arte se destinará ás novas tecnoloxÃas.
Como prioridades nas actuacións encol do complexo, Varela destacou a finalización do Museo de Galicia (orzamentado en 62 millóns de euros) e mais do Edificio de Servizos Centrais, a urbanización do conxunto (para o que se prevé un investimento de 25.72 millóns) e mais garantir os accesos ao mesmo, para o que solicitou o apoio estatal con vistas a garantir a súa conexión coa autoestrada AP-9. Dentro deste apartado, a Xunta analizará a viabilidade de construÃr o anunciado teleférico ata o monte.