A Biblioteca de Galicia abrirá despois da visita do Papa

Cultura estuda redefinir o Centro de Arte Internacional da Cidade da Cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Cidade da Cultura
Compartir:

A apertura da Biblioteca e mais do Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura non se producirá ata finais de ano, con posterioridade á visita do Papa Benedicto XVI a Compostela o vindeiro 6 de novembro. Así o anunciou o conselleiro de Cultura Roberto Varela o pasado venres nunha visita ao complexo do Gaiás. Ademais, varela sinalou que o seu departamento estuda a posibilidade de redefinir o Centro de Arte Internacional e mais nos contidos do futuro Museo do Galicia. A confirmar as declaración do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo nesa mesma semana, o responsable de Cultura recoñeceu que as prioridades do proxecto estarán condicionadas á situación económica.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Biblioteca de Galicia, Roberto Varela, Arquivo de Galicia, Gaiás...