Dous dos edificios do Gaiás non se definirán ata a vindeira lexislatura

O presidente da Xunta mantén as previsións de apertura do complexo

| Santiago. Redacción | Seccións: Cidade da Cultura
Compartir:

A Biblioteca e o Arquivo da Cidade da Cultura abrirán este ano, como estaba previsto, e en 2011 entrarán en funcionamento o Museo e o de Servizos Centrais. Así o asegurou onte Alberto Núñez Feijoo na súa comparecencia nun coloquio da Asociación Progreso da Dirección na Coruña. No entanto, o presidente da Xunta anunciou tamén que na vindeira lexislatura se decidirá "que facer cos edificios que faltan", en referencia ao centro de música e do centro de arte. Ao tempo, sinalou que a conclusión do conxunto dependerá en boa medida situación económica.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gaiás, A Coruña, Cidade da Cultura de Galicia