A construción do Auditorio e o Centro de Arte da Cidade da Cultura non están na axenda do Executivo a medio prazo

A Xunta autoriza as obras para que o público poida visitar o complexo

7/8/2009 | Santiago. Redacion | Seccións: sociedade

A Cidade da Cultura abrirá ao público no 2010 e será dun xeito escalonado, tal e como estaba previsto. Así o confirmou o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, na rolda de prensa do Consello da Xunta que autorizou obras por importe de 42 millóns de euros cos que urbanizar o complexo para que sexa visitable. A biblioteca, o Arquivo, o Edificio de Servizos Centrais e o Museo (aínda que este podería prorrogarse ata o 2011) estarán, en palabras do presidente, “a disposición de Galicia, España e Europa”. Pero Feijóo non quixo falar dos dous edificios que quedan pendentes de construír, como o Auditorio e o Centro de Arte. “Está previsto o que se acaba de dicir, todas as novidades que haxa serán comunicadas no seu momento” engadiu.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xunta de Galicia, Europa, Cidade da Cultura de Galicia