Cultura abrirá en verán dous novos edificios da Cidade da Cultura

O Museo de Galicia abrirase sen contidos e en 2012 terá unha mostra sobre patrimonio pétreo

| Santiago. Redacción | Seccións: Cidade da Cultura
Compartir:

Non era novo que a Xunta pretendía abrir neste 2011 catro dos edificios que compoñen o complexo da Cidade da Cultura. Trala apertura ao público da biblioteca e da hemeroteca, no horizonte estaba o Museo de Galicia e o edificios de Servizos Centrais, sede administrativa do complexo. Onte, no marco da apertura dunha exposición fotográfica sobre a Cidade da Cultura, Roberto Varela confirmou a apertura destes dous novos centros para o verán e, recoñeceu que o museo estará baleiro para que “o público poida contemplar a obra arquitectónica”. Non será ata 2012 cando o Museo de Galicia empece a ter contidos e, segundo publica hoxe El País será unha mostra sobre patrimonio pétreo.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Galicia, Roberto Varela, El País, Cidade da Cultura de Galicia...