A sede do Museo Nacional de Ciencia da Coruña non abrirá ata 2012

O atraso impedirá que a mostra sobre evolución tecnolóxica visite a cidade este verán

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

O 29 de febreiro de 2012. Esta é a nova data que daba onte Ramón Núñez Centella, director do Museo Nacional de Ciencia, para a apertura da sede na Coruña desta institución. A data contradí a previsión que facía o mes pasado de que o centro abriría as súas portas este mesmo verán coa exposición Qwerty: La evolución de una especie tecnológica. O atraso nas obras levou a que esta mostra fique finalmente anulada. No seu lugar, a partir do 3 xuño visitará A coruña Galileo y la astronomía. Hablarán de ti siempre las estrellas que, malia a ser organizada polo Museo, se poderá ver na sede da Fundación Barrié. Ramón Núñez sinalou que é posible que en 2011, antes da apertura oficial, se organicen visitas guiadas para que o público interesado poida coñecer a marcha das obras.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Ciencia, Ramón Núñez, Fundación Barrié

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares