O Museo da Ciencia da Coruña non abrirá ata 2011

As obras de adaptación do edificio teñen un custe de 950.000 euros

Será no 2011 cando se abra ao público na Coruña o Museo da Ciencia. Así o anunciou Ramón Núñez, director da entidade que está actualmente en Madrid. Deste xeito volve adiarse un proxecto que se anunciara para finais de 2007. Comezou sendo un edificio construído pola Deputación para un centro das artes, pero no 2005 foi cedido á administración central para convertelo en sede do Museo Nacional dA Ciencia. A necesidade de acometer obras de adaptación para o seu novo uso, levou ao adiamento continuo da súa apertura ao público. A reforma do Prisma de Cristal de Labañou terá un custe aproximado de 950.000 euros e estímase que rematará a mediados do 2009.