O Museo da Ciencia albergará a cabina dun Boeing 747

O fragmento do avión será 12 metros de alto e 14 de ancho

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:

O edificio Prisma de Cristal da Coruña, albergará a parte dianteira dun avión Boeing 747 dentro das instalacións do Museo Nacional da Ciencia. A entidade anunciaba onte que adquiriu esta peza, de doce metros de alto por catorce de ancho, para amosar a cabina e o interior do vehículo. O director do centro, Ramón Núñez, sinalou que este fragmento "será unha das pezas estrela" do museo, con contidos multimedia no seu interior. De xeito curioso, a cabina facía parte do avión que levou o Guernica desde Nova York a Madrid.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Ramón Núñez, Nova York, Madrid

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares