O arquitecto Andrés Perea deseñará o novo edificio da Cidade da Cultura

A Xunta presentou onte o Edificio Fontán e reclamou apoio do Goberno Central para o financiar

| Santiago. Redacción | Seccións: Cidade da Cultura
Compartir:
O arquitecto Andrés Perea deseñará o novo edificio da Cidade da Cultura

Andrés Perea, que actuou como director nas obras da Cidade da Cultura, é o arquitecto que asina o deseño do novo edificio deste complexo. O presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijóo presentaba onte as primeiras imaxes do Edificio Fontán que albergará, como xa anunciara, a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario, o Consorcio Interuniversitario e o Centro Europeo de Investigación en Paisaxes Culturais. Feijóo reclamou apoio do Goberno Central para cubrir os 17 millóns de euros que custará a nova construción, que polo momento está previsto que se repartan entre o Consorcio Interuniversitario e mais a propia Xunta. A intención do goberno galego é licitar as obras do edificio no mes de xullo con vistas a ter a estrutura rematada en 2020 e xa en funcionamento para 2021. Está previsto que novo espazo acolla un total de 140 traballadores.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Goberno Central, Goberno Galego, Cidade da Cultura de Galicia