O presidente, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que no recinto da Cidade da Cultura se emprazará o edificio Fontán, onde se instalarán o novo Consorcio Interuniversitario de Galicia e a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, ademais do futuro Centro Europeo de Investigación en Paisaxes Culturais. O gobernante autonómico fixo este anuncio sen moitos máis detalles no acto de sinatura do convenio polo que se crea o Consorcio Interuniversitario de Galicia.
O futuro Centro Europeo de Investigación en Paisaxes Culturais, que tamén se instalará no Fontán, profundará en todo o que rodea a nosa paisaxe e patrimonio, con especial atención ao Camiño de Santiago. O novo edificio que levará o nome do matemático e xeógrafo Domingo Fontán (1788- 1866), levantarase sobre a estrutura do que Ãa ser o Teatro da Ópera no proxecto de Einsenmann, unha edificación cuxa construción quedou paralizada e anulada no 2013 e cuxo lugar asignado compartirán este novo edificio e o XardÃn do Teatro, un espazo axardinado que inclúe un auditorio ao aire libre presentado en decembro pasado.
Núñez Feijóo defendeu esta nova edificación desde unha perspectiva de austeridade de gasto e explicou que o edificio Fontán, aproveitando as estruturas que xa existen, suporá 17 millóns de euros, mentres que facelo en calquera outro lugar, requirirÃa un investimento mÃnimo duns 30 millóns de euros. O custe correrá a cargo dos fondos interuniversitarios e dos orzamentos autonómicos. O presidente da Xunta asegurou que este edificio viña a "completar a oferta de servizos para estas instalacións que pasarán a ser tamén instalacións universitarias", referÃndose ao complexo da Cidade da Cultura. O gobernante non deu datas para esta nova construción. O XardÃn do Teatro está previsto para antes do verán de 2019.