O Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) celebra, a partir dunhas xornadas que rematan hoxe, o arrinque do seu traballo. A través da proposta "Paisaxes atlánticas resilientes en transición ambiental", esta nova entidade na que participan as tres universidades galegas está a celebrar un encontro no que se debate ao redor de como as vellas paisaxes do Atlántico afrontan un futuro cheo de incertezas.
Nos encontros participaron diferentes especialistas desde perspectivas interdisciplinares que involucran a xeografÃa, a historia, a arqueoloxÃa, a economÃa ou a socioloxÃa, entre outras. As cuestións abordadas foron os retos demográficos, a gobernanza destes territorios, a súa evolución e dinámicas históricas, ou o impacto da xestión patrimonial e turÃstica destes espazos.
Onte pola tarde celebrouse a mesa "Europa atlántica: demasiado patrimonio?". Baixo este rechamante tÃtulo, varios especialistas e o público asistente debateron ao redor das polÃticas de xestion do patrimonio levadas a cabo. Deste xeito, Margarita Fernández Mier, catedrática de Historia medieval da Universidade de Oviedo, explicou as súas accións de arqueoloxÃa agraria na aldea montañesa de Vigaña (Belmonte de Miranda, Asturias). "A investigación arqueolóxica ten que entender o contexto xeográfico e social, atendendo ao despoboamento da montaña asturiana", explicou, "e ten un sentido, xenerar unha visión transformadora do territorio, con novos discursos e unha xestión distinta". A catedrática destacou a necesidade de contar con programas didácticos vinculados aos proxectos dos centros educativos e a implicación da veciñanza nos proxectos. A través de gráficos, Mier presentou como non se partÃa da idea convencional de 'sitio arqueolóxico' que debÃa ser escavado, senón que a propia parroquia e a aldea se concibÃa como un suxeito de investigación que se analizaba ao longo dunha dilatada secuencia temporal que Ãa desde as etapas máis antigas ata a contemporaneidade.
Por outro lado, o profesor da Universidade do PaÃs Vasco Iñaki DÃaz Alberdi, especialista en museos, falou da inflación actual da idea de museos. "En Euskadi pasouse de 14 museos ao final do franquismo ata os 115 da actualidade para un paÃs que non chega aos tres millóns de habitantes", explicou para afirmar con rotundidade, "se se pecharan moitos non pasarÃa nada". Para DÃaz Alberdi, a proliferación de museos ten que ver co concepto de preservación nacido trala II Guerra Mundial, os mitos de identidade e unha visión economicista. Segundo o profesor vasco, "nestes momentos hai un divorcio entre axentes activos e pasivos no patrimonio cultural. Delegamos nos polÃticos a solución dos problemas do patrimonio e iso plásmase na distancia. Un visitante ve nos museos algo alleo a eles mesmos". Para o profesor, cunha ampla experiencia nos museos do PaÃs Vasco, "nos museos falta un compoñente esencial, que é a emoción. Todo o transmitimos de xeito cientÃfico e cronolóxico, e non debera ser asÃ. Debemos fuxir da fetichización do obxecto e das estatÃsticas de visitas".
Pola súa banda, o director de culturagalega.gal Manuel Gago aludiu ás profundas transformacións na percepción do patrimonio cultural na sociedade galega nas últimas décadas e en como a xestión do patrimonio cultural permÃtenos coñecer aspectos profundos dese cambio. "Temos dúas lóxicas na xestión do patrimonio que proveñen de dúas direccións distintas, a da sociedade tradicional e a da historia nacional, que adoitan identificar suxeitos de patrimonio distintos", explicou Gago. O xornalista aludiu a como a principios dos 80, na rehabilitación do patrimonio cultural, destacaron sobre todo bens de carácter etnográfico como os muÃños ou os lavadoiros. "O patrimonio cultural é, primeiro de todo, a infancia", destacou. E como na actualidade, conforme a memoria de antigos usos na sociedade rural desaparecen, cobra máis importancia o patrimonio arqueolóxico.