O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo inauguraba na mañá deste seis de outubro o Edificio Fontán, co que o Goberno Galego dá por rematado o complexo da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Segundo sinalou o presidente, a finalización destas obras supón "a culminación dun soño". O novo edificio albergará entidades vencelladas ás universidades e á investigación cultural e no campo do patrimonio, como son o Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit), Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG) a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia ou o anunciado Ceipac (Centro Europeo de Investigación en Paisaxes Culturales) no que se integra un Observatorio do Camiño de Santiago.
O novo espazo, deseñado polo arquitecto Andrés Perea, contou cun investimento de 14,7 millóns de euros e conta con áreas de traballo, laboratorios e outros espazos orientados á investigación. O Edificio Fontán ocupa o espazo onde estaba previsto construÃr inicialmente un Pazo da Ópera. Está previsto que o local acolla preto de dúascentas persoas entre as dedicadas á investigación e o persoal dos organismos que se van aloxar no mesmo.
A coincidir coa inauguración do complexo, a directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, destacou en declaracións á TVG que con esta inauguración "complétase a etapa de urbanización e construción da Cidade da Cultura" e comeza unha nova fase para a que augura unha maior oferta cultural con máis contidos no eido educativo e da investigación.
Na presentación do acto, a Xunta destacou o aforro que supuxo aproveitar a estrutura existente para construÃr un edificio que, noutro lugar custarÃa 30 millóns de euros ao tempo que lembrou que demoler o xa construÃdo previamente no solar terÃa un custo aproximado de 10 millóns de euros.