As universidades constitúen o Centro de Investigación das Paisaxes Atlánticas Culturais

Estará localizado no novo edificio Fontán da Cidade da Cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:
Sinatura do convenio

Sinatura do convenio

Os tres reitores das universidades galegas constituíron o pasado martes o Centro de Investigación das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), un organismo que reúne a diferentes grupos de investigación das diferentes universidades que traballan ao redor "da posta en valor do patrimonio, a recuperación da memoria histórica e social, as políticas de inclusión, o entendemento dos cambios no territorio, as súas formas de goberno e o desenvolvemento". O organismo estará situado no edificio Fontán da Cidade da Cultura, como parte da dotación deste espazo que tamén inclúe o traslado do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC (Incipit).

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Memoria Histórica, INCIPIT, CSIC, Cidade da Cultura de Galicia