Malia a que oficialmente o proxecto da Cidade da Cultura en Compostela se deu por finalizado o pasado mes de outubro, a Xunta investirá ao longo deste 2022 5,8 millóns de euros en obras neste complexo. O groso desta partida, 1,5 millóns, destÃnase ao vindeiro edificio da Axencia da Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) que se dedicará en exclusiva á ciberseguridade. As instalacións deste novo centro ocuparán 1.500 metros cadrados e contarán cun investimento total de 3,2 millóns ata 2024.
Canda a isto, a liquidación das obras do Edificio Fontán, xa inaugurado, con 1,6 millóns, e a dotación de infraestruturas de rede no mesmo (820.000) destacan no conxunto de investimentos no complexo do Gaiás. Outras importantes partidas destinaranse ao acondicionamento de accesos, melloras no tránsito peonil (250.000) ou no Bosque de Galicia (189.000). Do mesmo xeito, adiántanse traballos de acondicionamento nas proximidades do enlace do complexo coa autoestrada A-9 e mais no espazo de lecer situado entre este e o aparcadoiro.
Entre as propostas máis rechamantes, e segundo adianta La Voz de Galicia, está a construción dun labirinto que ocupará uns cincocentos metros cadrados e que se situará na proximidade dar torres Hejduk. A instalación, que aproveitará lousas de formigón sobrantes das obras do Edificio Fontán, prevé estar rematada para o vindeiro mes de marzo.
Dentro dos investimentos máis estritamente culturais, destinaranse 450.000 euros á concepción e deseño do anunciado Centro de Artes Dixitais, que prevé absorber un total de 4,5 millóns de euros ata 2024 e que estará instalado nos sotos do antigo Teatro da Música. Tamén comezarán neste 2022 as obras dos novos espazos destinados a acoller propostas de creación artÃstica, cuns fondos de 200.000 euros e a previsión de manter contÃas similares nos vindeiros dous anos.