A Xunta vén de adxudicar a construción do Edificio Fontán á UTE formada por Acciona e San José por 14.784.924 euros, cantidade que supón unha rebaixa de 2,2 millóns respecto ao importe de licitación -17 millóns-. As empresas adxudicatarias garanten ademais que o proxecto do arquitecto Andrés Perea estará rematado nun prazo seis meses inferior ao previsto: 24 meses fronte a 30; este rebaixa do tempo permitirá que estea finalizado no último trimestre de 2020 e operativo no 2021, ano do Xacobeo. O edificio aproveitará a estrutura xa construÃda para o Teatro da Ópera, un do edificios incluÃdos no proxecto inicial do Gaiás e non levados a cabo.
Este proxecto acollerá tres centros destinados á integración do Sistema Universitario de Galicia. Por unha banda, a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario, cuxo obxectivo será garantir que a docencia, a investigación, a xestión e a transferencia do coñecemento se encamiñen cara á excelencia. En segundo lugar, o novo Consorcio Interuniversitario de Galicia, que será o centro neurálxico da xestión conxunta das tres universidades, centralizando os servizos bibliográficos, a organización das probas de acceso á educación superior, e o desenvolvemento de programas informáticos que melloren a organización. En terceiro lugar, o futuro Centro Europeo de Investigación en Paisaxes Culturais, que dotará Galicia do primeiro centro de investigación de España consagrado ao estudo da paisaxe, dos itinerarios culturais e do patrimonio cultural e que funcionará como observatorio permanente do Camiño de Santiago.