O Pazo de Raxoi na santiaguesa Praza do Obradoiro, sede da alcaldÃa da capital galega e doutras dependencias municipais e autonómicas, abrirase ás visitas turÃsticas de carácter histórico, arquitectónico e artÃstico. O executivo municipal deu luz verde ao proxecto de rehabilitación para a adecuación do inmoble con este obxectivo, que contará cun orzamento base de licitación de 3.925.061,75 euros con IVE, financiado co apoio dos fondos Next Generation EU e cun prazo de execución previsto de 12 meses. Con este fin acometeránse obra de rehabilitación e acondicionamento nas plantas segunda e terceira do edificio e de restauración dos paramentos, das portas e dos elementos mobles da capela. No marco destas obras tamén se levarán a cabo melloras de accesibilidade, cunha rampla de acceso e un ascensor que percorrerá todo o edificio, desde o soto ata a terceira planta, unindo andares ata agora sen conectar. Ata o de agora o interior do edificio non era visitable con fins turÃsticos.
O pazo, un dos catro edificios emblemáticos da Praza do Obradoiro xunto coa catedral, o Hostal dos reis católicos e o Pazo de Fonseca, foi obra dun enxeñeiro francés do século XVIII e responde ao estilo neoclásico francés. A súa construción débese a un encargo do arcebispo de Compostela Bartolomeu Raxoi e Losada. Na orixe, o edificio destinouse a cárcere e concello ademais de albergar os nenos do coro da catedral, os acólitos e os sacerdotes. A súa fachada principal estrutúrase segundo un esquema simétrico ordenado a través dun frontón central triangular e dous frontóns semicirculares laterais que descansan sobre columnas xónicas. O frontón central posúe un relevo no que se representa a batalla de Clavixo e que cobre o tÃmpano sobre o que se asenta a figura de Santiago o Matamouros, esculpida por Xosé Ferreiro.