A rehabilitación de Pambre custará 1,9 millóns de euros

O proxecto prevé un sistema de pasarelas metálicas para facilitar as visitas

28/5/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Mario Crecente, o arquitecto que deseñou a primeira intervención socbre o conxunto de Pambre, presentaba onte o seu proxecto ante o alcalde de Palas de Rei e mais representantes de Turismo. Cun orzamento de 1,9 millóns de euros e un prazo de execución previsto de 12 meses, a proposta prevé traballos arqueolóxicos, acondicionamento do terreo, cubertas, revestimentos, consolidación da estrutura e traballos de fontanería e electricidade que deixarán o conxunto preparado para os visitantes, cun espazo destinado a museo, outro para bar e un terceiro que funcionará como obradoiro.

Entre as novidades do proxecto, que custará un millón de euros menos do previsto inicialmente, está un sistema de pasarelas metálicas que facilitará o acceso a diferentes partes do recinto sen afectar á súa estrutura. Queda pendente que Patrimonio aprobe este proxecto e a posterior licitación das obras.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Palas de Rei, Obradoiro

Claves

Conceptos