A taxación valora en cinco millóns o Castelo de Pambre

A Xunta encargou esta nova valoración, que reduce á metade o valor do monumento

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

En 2008, unha taxación realizada polo arquitecto César Portela establecía en 10 millóns de euros o valor do Castelo de Pambre. Agora, técnicos da Xunta acaban de rematar a súa propia valoración, na que reducen esta contía á metade, 5 millóns. A Consellaría de Cultura remitiulle este informe aos Misioneiros dos Enfermos de Teis, actuais propietarios da fortaleza, cos que pretende iniciar negociacións o vindeiro mes de setembro. A intención da Xunta é que o monumento pase a mans públicas. Na actualidade do Concello de Palas de Rei mantén un servizo de microbús para facilitar as visitas ao conxunto.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, César Portela, Teis, Palas de Rei

Claves

Protagonistas
Conceptos