Continúan os movementos de negociación para unha posible adquisición, por parte da Xunta, do Castelo de Pambre, no concello de Palas de Rei. Cultura encargou unha taxación do monumento que foi estimada en algo máis dun millón de euros. A Xunta debe negociar cos actuais propietarios da fortaleza, os Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres. Segundo El Progreso, o alcalde de Palas de Rei espera que as conversas cheguen a "bo termo" antes de final de ano.