Pambre sairá á venda pero a Xunta non o mercará

O Castelo pasará con toda probabilidade aos Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres

17/11/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Malia ás informacións que apuntaban a que o Castelo de Pambre tería como novos propietarios os sobriños do anterior dono, o máis probable é que o monumento pase a ser da congregacións dos Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres, polo testamento do falecido Conde de Borraxeiros. Segundo publica hoxe El País, estes relixiosos están dispostos a vender a fortaleza. No entanto, hoxe mesmo, El Progreso sinala que desde a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia non considera prioritario proceder á adquisición do monumento. Queda por amañar o rexime de visitas deste monumento, ata o de agora fechado ao público malia a estar declarado como Ben de Interese Cultural.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Ben de Interese Cultural, El País, Dirección Xeral de Patrimonio...