Os novos propietarios de Pambre ofrecen á Xunta o castelo a cambio de apoio á súa labor social

A fortaleza luguesa está taxada en 10 millóns de euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Trala morte do Conde de Borraxeiros, os Irmáns Misioneiros dos Enfermos dos Pobres de Teis son os novos propietarios do Castelo de Pambre, en Palas de Rei (Lugo), unha das fortalezas emblemáticas da nosa Idade Media. Os Misioneiros de Teis expresaron a súa intención de vender o castelo para obter recursos para a súa acción social en Vigo, e a primeira opción é a Xunta de Galicia. José Donaire, o responsable dos Misioneiros, expresou onte, tras entrevistarse co Presidente da Xunta de Galicia, a posibilidade de que como alternativa ao pagamento de 10 millóns de euros a Xunta compensara aos misioneiros con axudas e instalacións públicas ou subvencionadas de carácter social que garantan a continuidade do proxecto benéfico. Segundo o Faro de Vigo, o acordo non sería tanto de entrega de diñeiro directo, senón como de instalacións ou axudas a longo prazo.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Xunta de Galicia, Teis, Morte...