O Castelo de Pambre custará finalmente 5 millóns

O custe comprende 3.1 millóns para a compra e dous máis para obras de caridade dos Irmáns Misioneiros

28/12/2012 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
4 lecturas | Compartido 0 veces
A Xunta achegaralle finalmente 5.134.068 aos Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres, de Vigo, dentro do acordo para se facer co Castelo de Pambre. Destes 3.134.068 euros destinaranse directamente á adquisición do castelo, mentres outros 2 millóns destinaranse ata o ano 2026 desde a Consellaría de Traballo e Benestar para as labores de caridade que desenvolven os monxes vigueses e mais para melloras nas súas instalacións.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Conceptos
Lugares