A Xunta adquire o castelo de Pambre

A administración pagaralle un canon aos propietarios durante 10 ou 15 anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijóo, anunciaba onte en Palas de Rei que a Administración mercaralle o castelo de Pambre aos seus actuais propietarios, a congregación dos Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres. Aínda que non fixo pública a cifra que se pagará por este ben, El Progreso cifraba en cinco millóns o prezo final, a medio camiño entre os dez millóns en que taxara a propiedade César Portela para os propietarios e o millón e medio que ofertara a Xunta. Feijóo subliñou que o monumento xa recibiu 14.000 visitas desde a súa apertura o pasado mes de xuño e que a súa adquisición suporá un grande pulo para o turismo na Comarca da Ulloa. O xornal El País pola súa banda, asegura que a Xunta pagará un canon aos actuais propietarios durante 10 ou 15 anos pola propiedade.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, César Portela, Turismo, El País...

Claves

Protagonistas
Conceptos