O Concello quere abrir o castelo de Pambre o vindeiro 1 de xuño

Antes da data desenvolverá tarefas de desbroce no conxunto

29/4/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
28 lecturas | Compartido 0 veces

O alcalde de Palas de Rei anunciou o vindeiro 1 de xuño como data para abrir o castelo de Pambre, a confirmar as previsións dos Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres, actuais propietarios do inmoble. Segundo adianta hoxe El País o concello está a ultimar a contratación dun seguro de responsabilidade civil que cubra as visitas e iniciará en breve traballos para desbrozar o mato que rodea o perímetro da fortaleza. As visitas estarán guiadas por dúas persoas.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, El País, Palas de Rei

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares