Os donos do castelo de Pambre rebaixan a súa proposta de alugueiro

Están dispostos a abrir o recinto se o Concello cobre a vixilancia

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Os Irmáns Misionerios dos Enfermos Pobres están disposto a rebaixar a 450.000 euros o alugueiro anual para que a Xunta se faga cargo do Castelo de Pambre. A entidade anunciou ademais está disposto a abrir o conxunto ao público, sempre que o concello de Palas de Rei se faga cargo de pór un porteiro e un vixilante, así como de se encargar do seguro do conxunto. O alcalde da localidade xa amosou o seu interese por abrir o monumento. Pola súa banda, a congregación relixiosa apuntou que non contan con fondos para rehabilitar este conxunto histórico.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Palas de Rei

Claves

Conceptos
Lugares