Unha taxación valora o castelo de Pambre en 10 millóns de euros

O equipo de César Portela fixo unha peritaxe hai un ano

30/11/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
31 lecturas | Compartido 0 veces

Vista do Castelo de Pambre

A Deputación de Lugo, A Xunta e o Ministerio de Fomento son tres das entidades que estiveron interesados en mercar o Castelo de Pambre mentres viviu o seu propietario, o conde de Borraxeiros. Pero ningunha das opcións se materializaron por desacordos no prezo da que é a fortaleza medieval mellor conservada de Galicia. O seu titular solicitoulle hai un ano á oficina de César Portela unha peritaxe deste inmoble que taxou finalmente en 10 millóns de euros que “non estiman nin computan valores históricos, monumentais, simbólicos, míticos... de toto tipo que conteñen este monumento”. En todo caso, este é o informe no que se amparan os herdeiros do castelo, os Misioneiros de Teis, para poñerlle prezo á propiedade que teñen previsto vender.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, César Portela, Deputación de Lugo, Ministerio de Fomento...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares