Morre o propietario do Castelo de Pambre

A noticia pode abrir a posibilidade da súa adquisición pública

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Manuel Taboada Fernández, Conde de Borraxeiros, era o propietario do Castelo de Pambre. A súa recente morte abre, segundo colectivos culturais da zona e o concello de Palas de Rei, a posibilidade da súa adquisición pública. Non hai herdeiros directos do Conde de Borraxeiros, así que as propiedades deberán pasar aos seus sobriños. Segundo o primeiro tenente de Palas de Rei, Pablo Taboada: "o Concello non ten recursos propios para mercar o Castelo, pero estamos abertos a calquera opción".

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Palas de Rei, Morte

Claves

Conceptos
Lugares