Cultura abrirá no 2010 catro edificios do complexo do Gaiás

Silvia Domínguez foi nomeada directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura

| Santiago. Redacion | Seccións: Sociedade
Compartir:

“É o gran proxecto galego do século XXI”. Así definiu Roberto Varela, conselleiro de Cultura, á Cidade da Cultura. Pero isto non evita o contexto de crise no que se insire, por iso o seu departamento opta por dúas medidas a curto prazo: a apertura de catro edificios que xa están terminados (Biblioteca, o Arquivo, o Centro Administrativo e o Museo de Galicia) e reaxustar o orzamento de cara o vindeiro ano. En canto á parte que queda por executar, Varela apuntou a algún cambio de nome, que non de contidos e que se manterá a data prevista do 2014 para rematar o complexo. Na reunión do padroado da Cidade da Cultura tamén se aprobou o nomeamento de Silvia Domínguez, filla de emigrantes galegos que traballaba no Centro Cultural de España en Washington, como directora xerente da Fundación Cidade da Cultura. Unha entidade que absorbe á extinta Fundación Gaiás.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gaiás, Roberto Varela, Museo de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia

Claves

Protagonistas
Lugares