A Xunta decidiu substituír a Beatriz González Loroño, a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, co obxectivo de "dar un novo pulo" ao Gaiás. "A Xunta destaca os seus méritos no pulo da Fundación e a consolidación do Gaiás como institución de prestixio", sinalou a Consellería de Cultura, quen aínda non fixo público quen ocupará o cargo a partir de agora.

