A Cidade da Cultura abre unha residencia para a creación de videoxogos

A Universidade de Vigo promove o proxecto en colaboración co Gaiás

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
A Cidade da Cultura abre unha residencia para a creación de videoxogos

O Campus CREA de Pontevedra acollía na mañá deste 1 de febreiro a presentación da nova Residencia COMTECART, que se desenvolverá na Cidade da Cultura. O proxecto, que fai parte do Programa de Residencias Artísticas no Gaiás, pretende "dar un pulo ao talento das mozas e mozos galegos interesados no desenvolvemento de videoxogos".

Ata o vindeiro 11 de febreiro está aberto o prazo para optar a esta residencia, que conta con 17 prazas destinadas a "alumnas e alumnos matriculados no curso 2021-2022 nas titulacións de grao e mestrado da Universidade de Vigo, así como alumnado egresado do curso 2020-2021". As persoas seleccionadas formarán equipos de traballo para desenvolver, durante as fins de semana dos meses de marzo de abril, proxectos de videoxogos baseados nunha obra literaria galega.

A Cidade da Cultura e a Universidade de Vigo correrán cos gastos de desprazamento, aloxamento e manutención das persoas participantes, e os prototipos de videoxogos desenvolvidos daranse a coñecer ao público unha vez rematado o período de residencia no Gaiás.

Que che parece esta nova?
95 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gaiás, Universidade de Vigo, Pontevedra, Cidade da Cultura de Galicia