A reforzar "vínculos con entidades galegas que traballan no ámbito da cultura e con organizacións e artistas de América Latina e da lusofonía" a Cidade da Cultura presentaba este 16 de febreiro a terceira edición das Residencias Artísticas do Gaiás, que se desenvolverán ao longo deste ano.
Dentro da iniciativa destaca o proxecto de Bolsas REGA, que apoiarán catro proxectos de deseño, música, artes escénicas e visuais. As persoas que obteñan este apoio contarán para o desenvolvemento das súas propostas durante unha estadía de entre tres semanas e un mes e medio no Gaiás con apoio experto, recursos humanos e técnicos e unha dotación económica de 8.000 euros en cada bolsa.
Canda a esta, a Consellería de Cultura sinala que apoiará as actividades impulsadas en colaboración co Centro Dramático Galego no ciclo Clásicas Desfeitas, co Colectivo rpm (Residencias Paraíso) e co festival RESIS de música contemporánea, na que o compositor Pedro González desenvolverá a súa creación PLASMA e coa Asociación Cultural AÏS. A terceira Residencia Literaria da Cidade da Cultura contará coa autora mexicana Brenda Navarro e con Marilar Aleixandre como titoras. En total estas liñas de apoio contan cun investimento de 108.000 euros.
Pola súa banda, nos volumes 6, 7 e 8 de Clásicas Desfeitas, que se desenvolven con Centro Dramático, participarán a directora artística da Compañía Nacional de Teatro de México, Aurora Cano; o director artístico de El Mura, o uruguaio Iván Solarich, e o director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, ademais dun elenco de artistas de Galicia, Portugal, México, Cuba e Uruguai.