Catro proxectos vencellados ás artes visuais, escénicas, musicais ou de deseño poderán desenvolverse na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, no marco da terceira edición das axudas Rega-Residencias artísticas do Gaiás. O Diario Oficial de Galicia recollía este 22 de abril a convocatoria que achega 8.000 euros a cada unha das propostas que resulten seleccionadas.
As axudas, que cobren o desenvolvemento do proxecto, "gastos de transporte, estadía, manutención e posibles gastos de presentación pública do proxecto", inclúen acompañamento por unha persoa mentora a cada participante, que disporá dun espazo nas instalacións do Gaiás nun período de entre tres e seis semanas entre setembro e novembro de 2024.
O xurado empregará como criterios de selección o concepto ou idea artística do proxecto, a viabilidade da súa materialización e a avaliación da oportunidade artística para a traxectoria de cada artista escolleita. O prazo de presentación a esta convocatoria é dun mes a partir do 23 de abril.