Segundo a normativa actual as fundacións do sector público unicamente poderán conceder subvencións cando asà se lles autorice de forma expresa mediante acordo do órgano da Administración ao cal a fundación estea adscrita. No caso da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, que forma parte do sector público galego e foi declarada como fundación de interese galego, na actualidade está adscrita á ConsellerÃa de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e ata o de agora non tiña esta posibilidade de convocar e outorgar axudas económicas. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde asinada polo conselleiro Román RodrÃguez na que autoriza á fundación a conceder subvencións e, no mesmo enunciado, aproba as bases reguladoras relativas ás axudas do programa Rega para o ano 2023. REGA-Residencias artÃsticas do Gaiás é un programa polo que a Cidade da Cultura de Galicia pon á disposición espazos, recursos e equipamentos técnicos ao servizo de creadores e creadoras de dentro e fóra da nosa comunidade que acudirán ao Gaiás para desenvolver os seus proxectos culturais vencellados coa música, coa escena, coa danza, coas artes visuais, performativas e audiovisuais e coa literatura
Segundo o artigo 6 dos estatutos da Fundación Cidade da Cultura de Galicia constitúe o seu obxecto social «a creación, explotación e promoción de áreas ou centros de conservación, produción, exhibición e consumo cultural, comunicativo e tecnolóxico, que constitúa un espazo multifuncional, multidisciplinar e aglutinador, propicio á interacción cultural». Os Orzamentos da Comunidade Autónoma de 2023 contemplan 8.485.722 euros como transferencia corrente a esta fundación desde a ConsellerÃa de Cultura. Dentro do II Plan estratéxico da Cidade da Cultura de Galicia recóllese a amplificación das residencias artÃsticas do Gaiás e outros, que xurdiu ante a necesidade de manter unha liña de programación e contidos primordial nos vindeiros exercicios, para atender as necesidades do tecido artÃstico galego nas disciplinas máis diversas, poñendo énfase no proceso de creación 'in situ' de principio a fin: idea, concepto, residencia, produción e exhibición. Dentro dos obxectivos desta acción atópanse entre outros o deseño de novos formatos de residencias, atendendo a unha aproximación completa de todas as fases do proceso creativo e o obxectivo de facer partÃcipes das residencias non só os artistas senón tamén os programadores, xestores e demais axentes do sector cultural.