O ciclo de teatro 'Clásicas Desfeitas', promovido polo Centro Dramático Galego e a Cidade da Cultura, presenta en febreiro unha nova edición da súa proposta de apoio á creación que permite redescubrir obras e autores da literatura galega e universal baixo a ollada da linguaxe escénica contemporánea. Logo de catro anos e once producións, neste volume IX do ciclo traballarase sobre dous programas dentro das Residencias Artísticas do Gaiás (REGA): ' Hamlet, o de Cunqueiro' e o díptico 'Míticas pero secundarias'.
En 'Hamlet, o de Cunqueiro' os profesores da Universidade de Vigo Beatriz Legerén Lago e Antonio Pena adaptan o texto 'O incerto señor don Hamlet', de Álvaro Cunqueiro a unha nova proposta multidisciplinar e interactiva onde o videoxogo está moi presente. Ambos contan coa experiencia desenvolvida dentro do grupo de innovación docente ComTecArt (Comunicación, Tecnoloxía e Arte nas Contornas Virtuais), responsable tamén da primeira residencia artística de creación dixital e videoxogos da Cidade da Cultura. O resultado será unha obra de teatro inmersiva na que as decisións e accións da audiencia crearán cada vez unha resposta distinta ás incógnitas sobre o amor, a morte e a familia, que atormentan a Hamlet, o de Cunqueiro. A mecánica de interacción con obxectos, a exploración de diferentes escenarios e os finais múltiples caracterizan os elementos propios dos videoxogos integrados na peza. A produción deste novo Hamlet destaca tamén por tender pontes entre a cultura galega e a brasileira a través do traballo conxunto que están a realizar no apartado escénico a Cia. Teatral Boccaccione de São Paulo e o grupo teatral galego Marinita y sus Maromas. Ademais, a obra inclúe elementos do relato A Cartomante de Machado de Assis, un dos autores máis relevantes da literatura do Brasil. A peza presentarase ao público na Cidade da Cultura os días 2 e 3 de febreiro, con tres funcións cada día.
Míticas pero secundarias
O díptico 'Míticas pero secundarias' pechará esta nova edición de Clásicas desfeitas con dúas obras que recuperan figuras descoñecidas da literatura grega clásica como protagonistas. Polícrates, Ismene, Crisótemis e Políxena son a fonte de inspiración para os volumes X e XI do ciclo 'A infeliz felicidade e o prezo do aceite', de Antón Reixa e 'Tres somos ti', de Antela Cid. Temas como o medo ao éxito e a desigualdade sobrevoan ambas propostas escénicas, nas que Antón Reixa e Antela Cid traballan como autores, directores e intérpretes totais, integrando o musical e o audiovisual na escena. As entradas para Clásicas desfeitas poranse proximamente á venda en Ataquilla (a partir de 9 euros) e no despacho de billetes do Museo Centro Gaiás.