Chega ás librarías Adelina, Premio Castelao de BD 2024

Boulevar Edicións debuta na novena arte con Nechu, o neno momia, de Baltar Morgade

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Chega ás librarías Adelina, Premio Castelao de BD 2024

A obra coa que Sandra Lodi obtivo o Premio Castelao de Banda Deseñada 2024 está xa dispoñible para o público. A Editorial Galaxia publica Adelina, novela gráfica que narra en 110 páxinas a fuxida dunha muller maior da residencia na que vive. Con grandes doses de humor, Lodi aborda os problemas do idadismo, o despoboamento e as perspectivas da mocidade actual.

De xeito paralelo, Boulevar Edicións debuta no campo da BD con Nechu, o neno momia. Baltar Morgade asina a súa primeira obra neste campo con 76 páxinas a contar a historia dun neno momificado que é adoptado por unha parella e exiptólogos.

Desde o Museo das Mariñas, á súa vez, Ángel Arcay e Iria Fafián asinan Mulleres artistas no Museo das Mariñas, unha obra que dá conta da historia de diferentes creadoras con obra presente neste centro e que está dispoñible no web da entidade.

Que che parece esta nova?
198 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Boulevar Edicións, Sandra Lodi, Humor...