O Concello da Estrada daba a coñecer este 22 de maio o fallo do III Premio de Álbum Ilustrado Alberte Quiñoi. Sandra Lodi (Sandra López Díaz) impúxose como gañadora do certame coa súa obra Papóns. O premio conta cunha dotación de 4.000 euros e inclúe a publicación do traballo gañador pola editorial Galaxia.
O fallo cualifica o título como "un deses libros que perduren no tempo" e destaca o se tratar dunha obra "moi atractiva visualmente cun uso dos planos e das cores impecable. Unha narrativa coherente e ben encetada; que pon en valor o mundo rural e os afectos entre avoa e neta. Un vínculo de transmisión cultural e familiar imprescindible que amosa de forma tenra e fermosa". Ao tempo salienta a representación dos corpos realizado pola autora. "Son mulleres reais, reproduce o noso pobo galego á perfección. A ilustración é orixinal e dinámica, cun estilo propio, cunha composición e perspectiva coidadas".
A obra "pon en valor a necesidade de preservar e protexer a natureza. De respectar os animais e darlles o seu propio lugar. Unha historia de xenerosidade que pon o foco no protagonismo que xogarán as novas xeracións como exemplo de conciencia". O xurado do galardón estivo composto por Luz Beloso, Sara Valcárcel Maceira, Luis Davila e Armando Requeixo Cuba, con Carlos Loureiro Rodríguez como secretario.