Nace o premio Alberte Quiñoi de álbum ilustrado

A Feira da Edición e Libro Ilustrado celebra en liña a súa terceira xeira

12/1/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:

Concello da Estrada, Editorial Galaxia e Secretaría Xeral de Política Lingüística botan a andar o Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado, un dos poucos existentes no país dedicados a este tipo de obra. O galardón premiará obras para público infantil, de entre 24 e 56 páxinas e redactadas na normativa ILG. O traballo vencedor será recoñecido con 2.000 euros en metálico e a publicación en Galaxia.

Pola súa banda, o espazo web Afundación TV transmitirá este sábado 16 de xaneiro a terceira edición da FELIIC, Feira da Edición e Libro Ilustrado. O evento pasa nesta ocasión ao formato virtual e achegará desde as 12:30 da mañá un encontro coas persoas que se fixeron cos Premios Castelao de Banda Deseñada 2019/2020: Alberto Vázquez, Begoña García-Alén, Martín Romero e Andrés Magán. Durante a tarde, retransmitirase a partir das 18 horas unha charla con Verónica Grech e Coco Escribano ao redor da obra Women´s club: Art is powerful, con Neves Rodríguez como moderadora.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Política Lingüística, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Concello da Estrada...