Laura Cid Rascado (Vigo, 1999), graduada da Facultade de Belas Artes de Pontevedra en 2022, resultou a gañadora da IIIª edición do Premio de Álbum Ilustrado "Alberte Quiñoi", convocado polo Concello da Estrada en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta e a editorial Galaxia. De entre a vintena de traballos presentados, a obra titulada "Maruchi e o gancho" convenceu por maioría ao xurado, formado por Tamara Andrés, poeta, Armando Requeixo, crítico literario, Óscar Villán, ilustrador, Carlos Loureiro, exercendo de secretario, e Sara Valcárcel, responsable de Comunicación e Novos Proxectos de Editorial Galaxia.
Segundo se comunicou onte coa lectura do ditame na casa de Xuntas do Concello de A Estrada, o xurado quixo destacar neste álbum ilustrado que "é unha historia que se entretece perfectamente a través de texto e imaxe, tecida con ritmo, claridade e ollada poética. Presenta un nó que a protagonista ten que desenredar o cal se vai enfiando de xeito equilibrado, tenro, humorístico, perspicaz. Trátase, ademais, dun álbum ilustrado perfectamente apto para todos os públicos". A gañadora recibirá un premio en metálico de 4.000 euros.