A obra 'As filloas da Manola' da autoría de Blanca Rodríguez Millán e Ramiro José Peralta Torres ven de ser elixida como gañadora polo xurado da 2ª edición do Premio de Álbum Ilustrado "Alberte Quiñoi". Onte deuse a coñecer no Concello da Estrada, entidade que convoca este galardón, esta resolución despois de valorar os orixinais presentados, acadando unha decisión unánime por parte do xurado conformado por Andrea Jamardo Seijo, Sara Valcárcel, Rosa de Cabanas, Armando Requeixo, e Carlos Loureiro, como secretario. A obra premiada con 4.000 euros e máis a publicación na Editorial Galaxia, presentouse baixo o pseudónimo "A saltarica mediaslongas". Resultando, aberta a plica, da autoría da ilustradora Blanca Rodríguez Millán (Touro, 1991) e o psicólogo e escritor Ramiro José Peralta Torres.
Ambos autores xa teñen traballado xuntos noutros libros, como "Monstro dos ollos vermellos" (Ed. Galaxia) ou "Manuela" (Bolanda). O xurado quixo destacar neste álbum ilustrado "a impecable confección da súa aposta plástica e textual, que conforman un relato cheo de matices para soster unha historia que defende os valores da xenerosidade nas relacións interpersoais, ao tempo que nos introduce no mundo da nosa tradición actualizada", aseguran. Segundo eles "esta proposta, ganduxada con moita atención ao detalle, e asentada en estruturas narrativas de habelenciosa execución, logra transmitir unha mensaxe vitalista que nos reconcilia coa esperanza dun mundo máis solidario e afectivo".