Gloria Gómez Pavía gaña o I Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado

Galaxia publicará a obra Eva, a carteira espacial

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O Concello da Estrada deu a coñecer este seis de abril o fallo do I Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado. A ilustradora Gloria Gómez Pavía impúxose entre as 31 propostas presentadas co álbum Eva, a carteira espacial. No fallo, o xurado destacou que a obra "é unha proposta moi expresiva con ilustracións orixinais e cunha linguaxe propia, que nos adentra nun mundo evocador cunha paleta de cores impactante e atractiva. Vertebra cuestións de ciencia nun relato integrador que apunta valores comunitarios, ben equilibrados coa vontade individual, autonomía persoal e a posta en valor dos oficios de sempre, da importancia dos procesos e das súas necesarias esperas". A autora verá publicada a súa obra pola editorial Galaxia e recibirá 2.000 euros en concepto de adianto de dereitos de autor.

A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración recomendara non participar no premio ao considerar que as bases recollían "condicións que atentan contra os intereses dos participantes: traballo especulativo, prazos ínfimos, premio exiguo" ou "cláusulas abusivas de cesión de dereitos". A organización do certame, pola súa banda, adiantou a súa dispoñibilidade a axeitar as bases para futuras convocatorias.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Editorial Galaxia, Concello da Estrada, Asociación Galega de Profesionais da Ilustración