Edicións Xerais ten xa dispoñible o seu último lanzamento de banda deseñada. Trátase de Os suicidantes, a novela gráfica coa que o escritor Diego Ameixeiras debuta no campo da novena arte. Con debuxo a cargo de Tomás Guerrero, a obra narra a historia de resistencia dunha protagonista que traballa a axudar ao suicidio dos seus clientes e que ao tempo tentar derrubar un réxime distópico nun futuro achegado.
A obra conta 112 páxinas a branco e negro e retrata unha sociedade na que "os individuos son arrastrados cara ao abismo. Un camiño que ninguén quererÃa percorrer: o camiño da morte autoproducida, executada coas propias mans. As mentes están atravesadas por unha angustia indefinible e centos de vidas causan baixa definitiva cada dÃa para un sistema que só busca a supervivencia da produción".
Pola súa banda, Ana Moreiras continúa a súa carreira no campo da banda deseñada e presenta Xaora, o seu segundo tÃtulo nesta arte. Desta volta, a autora narra a crise vital de Virxinia, unha muller que enfronta a procura de respostas á súa insatisfacción vital. Cando recibe "a visita da pantasma da súa avoa, vitalista, descarada, feliz por recuperar o vizo da mocidade, axudaraa a comprender que é o realmente valioso e auténtico". Desde esta premisa, Moreiras achega unha ollada reflexiva e chea de humor sobre a realidade do paÃs. A obra, de 144 páxinas a cor, está dispoñible da man de Aira Editorial.