Sae a versión en BD de Cartas de inverno

Antonio Seijas adaptou á novena arte a novela de Agustín Fernández Paz

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa da novela gráfica Cartas de inverno

Capa da novela gráfica Cartas de inverno

Cento catro páxinas a cor compoñen a adaptación de Antonio Seijas realizou da novela Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, para banda deseñada. A novela gráfica sae á venda agora, da man de Edicións Xerais, a un prezo de 12 euros. Fernández Paz comenta no prólogo da obra a súa satisfacción co traballo de adaptación realizado por Seijas, que mantén a trama os personaxes do texto orixinal.

Manuel Bragado, director de Xerais, sinalou que con este lanzamento, que coincide coa edición en galego de Marcopola de Jacobo Fernández, a editora recupera a continuidade da edición de BD, ", un xénero que sempre crimos fulcral para a edición galego" e que resulta "o que máis lectores e lectoras gaña no mundo".

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antonio Seijas, Agustín Fernández Paz, Banda deseñada, Edicións Xerais...