Cartas de inverno levou o premio dos editores ao mellor libro ilustrado

Nicolás Martín Alessandro e Julián Rocha fixéronse co premio dos Encontros de BD da Mariña

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa de Cartas de inverno

Capa de Cartas de inverno

Antonio Seijas, coa súa adaptación en banda deseñada da novela Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz, levou a pasada fin de semana o premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado que outorga a Asociación Galega de Editores. O traballo de Seijas, editado por Xerais, era a única banda deseñada que optaba a esta categoría e competía con seis libros ilutrados. En paralelo, onte dábanse a coñecer os traballos premiados no Concurso de Creación de BD dos Encontros de Banda Deseñada da Mariña. Azar, de Nicolás Martín Alessandro e Julián Rocha impúxose na categoría aberta, na que Inés Vázquez Ramallal obtivo o segundo posto.

Sara Palomino Arnanz e Myriam López Otero obtiveron o primeiro premio na categoría escoltar ata 18 anos, mentres Andrea Barro Rodríguez impúxose na de estudantes ata 14.

Que che parece esta nova?
100 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Editores, Isaac Díaz Pardo, Agustín Fernández Paz...